A Xunta de Galicia licitou este martes a través do Diario Oficial de Galicia o contrato por un importe de 1,5 millóns de euros para a elaboración do Plan de Saneamento Local da Ría de Pontevedra, co obxectivo de analizar, planificar e proxectar as actuacións necesarias para mellorar a calidade das augas.
Con esta iniciativa, o goberno galego quere establecer unha folla de ruta que determinará os pasos a dar polas distintas administracións para optimizar o funcionamento do sistema de saneamento dos concellos que verten á ría de Pontevedra e mellorar así o estado desta ría.
Tal e como se recolle no prego do contrato, establécese un prazo de execución total de 36 meses.
Non obstante, a medida que se vaia avanzando na súa elaboración, determinaranse as actuacións prioritarias e máis necesarias para mellorar a calidade da ría de Pontevedra e poderá iniciarse a súa execución, para acurtar prazos da súa posta en funcionamento.
O desenvolvemento do Plan de Saneamento Local de Pontevedra conta con oito fases distintas de traballo.