A Xunta garante que "mientras haya riesgo de incendios" o operativo estará activo

Pontevedra
19 de setembro 2016

Rueda, tras un acto electoral do PP en Pontevedra, sinalou que o goberno galego é o "primer preocupado" pola posibilidade de que se sigan producindo incendios en Galicia e por iso reiterou que os efectivos contra os incendios forestais "están atentos para actuar si hiciera falta"

Tarefas de extinción do incendio de Tenorio no límite con Pontevedra
Tarefas de extinción do incendio de Tenorio no límite con Pontevedra / Diego Torrado

As altas temperaturas que as Rías Baixas están a ter este mes de setembro provocaron que a Xunta de Galicia manteña activo o operativo contra incendios. Farao, segundo o vicepresidente Alfonso Rueda, "mientras haya riesgo de incendios".

Rueda, tras un acto electoral do PP en Pontevedra, sinalou que o goberno galego é o "primer preocupado" pola posibilidade de que se sigan producindo incendios en Galicia e por iso reiterou que os efectivos contra os incendios forestais "están atentos para actuar si hiciera falta".

Tras destacar que "no es la primera vez" que en Galicia vén un mes de setembro tan "excepcional" como o deste ano, o vicepresidente da Xunta indicou que "no se puede bajar la guardia en todo el año" e nesta época "aún se pueden producir incendios".

Ademais, Alfonso Rueda explicou que paralelamente a este traballo dos membros deste operativo, que durante o verán estivo "especialmente reforzado", mantense a "persecución" aos incendiarios.

O responsable de Presidencia no goberno galego afirmou que as autoridades seguen investigando os incendios que se produciron en Galicia ao longo deste verán, co obxectivo de "dar cuanto antes" cos responsables naqueles que se comprobou que foron provocados.