A Consellería do Medio Rural e do Mar destina para este ano 2013 un orzamento total de 3.460.026,95 euros á paralización definitiva das actividades pesqueiras dos buques que faenan en caladoiros internacionais e de terceiros países.
Esta convocatoria de axudas, que recolle este xoves o Diario Oficial de Galicia, teñen como finalidade "axeitar a capacidade pesqueira da frota aos recursos mariños mediante a redución do esforzo pesqueiro, para aqueles segmentos que apenas tiveron oportunidade de acadar o obxectivo do devandito axuste con financiamento público".
O importe destas axudas será cofinanciado polo Fondo Europeo da Pesca e do Estado e poderán optar a elas os propietarios de buques que pertenzan a censos de caladoiros internacionais e terceiros países e teñan o seu porto base en Galicia.