As seis organizacións que representan aos traballadores do Concello de Pontevedra (CSIF, SPPME, CCOO, UXT, CIG e AFUMPO) protagonizaron este luns unha rolda de prensa para "dejar clara ante la ciudadanía la situación y la realidad" do conflito laboral aberto co goberno local.
En concreto en alusión ás últimas explicacións da edil de Persoal, Carmen Fouces, unha das portavoces da Xunta de Persoal do Concello, Carmen Franco, asegurou que "miente" porque "muestra en los medios un conflicto laboral reciente, con un único conflicto que es Bomberos y por una cuestión salarial" cando en realidade "va mucho más allá de eso. La señora Fouces tiene un conflicto laboral con la totalidad de la plantilla".
En concreto a representante sindical alude ao acordo alcanzado en mesa de negociación co anterior concelleiro responsable, Vicente Lejísima, e que "en el año 2020 de forma unilateral decide archivar". Desde entón, defende Franco, "lo que ella llama negociación es imposición, es dictadura y es falta de diálogo".
Para a Xunta de Persoal "el Concello de Pontevedra tiene un déficit de personal muy importante y la plantilla está quedama", o que se traduce en que "cuando un ciudadano llama por teléfono y le dan cita para dentro de semanas o meses es porque no hay personal, cuando le tardan en dar un documento es porque no hay personal, cuando no le cogen el teléfono es porque no hay personal".
Por todo iso as organizacións que compoñen a Xunta avanzaron que seguirán coas mobilizacións de protesta como a protagonizada no último Pleno Municipal e barallan mesmo a convocatoria dunha folga. "Es un recurso que no se descarta", sinalou na comparecencia Hector Santaló.
Entre as reivindicacións laborais atópanse, aseguran, un incremento de persoal que fixan en ao redor do 25% para poder ofrecer un bo servizo á cidadanía, con casos como os Bombeiros, Policía Local, Benestar Social ou as brigadas operativas (cemiterios, obras...) nunha situación complicada pola falta de traballadores. Ademais nalgúns casos, acusan, ese déficit súplese "con la privatización de servicios".
CARMEN FOUCES DEFENDE A POSTURA DO CONCELLO
Preguntada respecto diso a concelleira de Persoal, Carmen Fouces, sinalou que o arquivo do acordo alcanzado na Relación de Postos de Traballo ( RPT) é "unha decisión que está tomada", baseada en que "estabamos en situación de análise cando chegou a pandemia e eso cambio totalmente o panorama".
A edil defende que "estamos cubrindo as vacantes e as baixas con toda a celeridade que podemos", pero incidindo en que ese incremento de persoal que se demanda non estaba recollido no documento negociado.
De feito con ao redor de 520 funcionarios en persoal "para 84.000 habitantes creo que non é unha mala ratio", suficiente para "ser capaces de dar servizo" aos veciños de Pontevedra.