A Xunta cre que a ocupación hostaleira en Semana Santa será "mellor que a do ano pasado"

O Salnés
27 de marzo 2017

A directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, cre que a ocupación hostaleira en Semana Santa será "mellor que a do ano pasado se nos atemos ás reservas que xa confirmou o sector". Unha estimación na que Nava Castro ten en cuentra a previsión meteorolóxica que os técnicos avanzaron para o primeiro gran parón festivo do ano

I Xornadas Internacionais da Camelia celebradas no Pazo Quinteiro da Cruz
I Xornadas Internacionais da Camelia celebradas no Pazo Quinteiro da Cruz / Xunta

A directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, cre que a ocupación hostaleira en Semana Santa será "mellor que a do ano pasado se nos atemos ás reservas que xa confirmou o sector". Unha estimación na que Nava Castro ten en conta a previsión meteorolóxica que os técnicos avanzaron para o primeiro gran parón festivo do ano.

Segundo os datos que manexa o sector as reservas teñen cuberto o 80% das prazas hostaleiras que se ofertan na comarca do Salnés durante a Semana Santa. Non todos os establecementos arrincan agora tempada e aínda non abren as súas portas en Semana Santa.

A directora xeral de Turismo de Galicia fixo estas declaracións este domingo na clausura do primeiro congreso da camelia celebrado no Pazo Quinteiro da Cruz en Ribadumia para promover a gastronomía vencellada a esta planta. 

O turismo é considerado un sector estratéxico na provincia ao ser un importante motor económico e de xeración de emprego, polo que Nava Castro insistiu en que distintos departamentos da Xunta traballarán para adoptar medidas conxuntas que favorezan o seu desenvolvemento.