O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, considera que "non é responsable" reabrir el 'botellódromo' da explanada do Recinto Feiral.
Luis López saíu ao paso do proxecto do goberno local de Pontevedra de recuperar o espazo do 'botellódromo' para actividades de lecer e festivas, permitidas pola ordenanza municipal, ao entender os servizos xurídicos do Concello que esta área do Recinto Feiral é "dotacional", como recinto de infraestrutura cultural e feiral, e por tanto non se atopa catalogado como parque, rúa ou outro espazo no que expresamente se prohibe o consumo de alcohol na Lei de Saúde Pública de Galicia.
A portavoz do goberno local de Pontevedra, Anabel Gulías, culpou á Xunta de crear un problema cos botellóns que cada fin de semana reúnen de maneira masiva a mozos, en rúas do centro histórico para beber bebidas alcohólicas "un problema que o Concello tiña resolto desde hai anos e agora a Xunta créalle un problema novo".
O delegado territorial respondeu este xoves que "a Xunta non xerou ningún tipo de problema, senón unha solución". Luis López expresou o seu desexo de manter unha "relación cordial co Concello", pero engadiu que "non me parece responsable derivar a responsabilidade e mirar cara outro lado ante una problemática que hai no centro histórico. Non é responsable crear un botellódromo nunhas circunstancias nas que a pandemia non terminou".
Luis López salientou que "os botellóns xeneraron importantes focos de coronavirus" e citou o acontecido coas festas de fin de curso no Bacharelato, e mesmo preguntou "se hai un gromo de covid, de quen é a responsabilidade?"
"Pediríalle que non mire para outro lado e faga fronte aos problemas", aconsellou o delegado da Xunta ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Para Luis López, que o Concello habilite o 'botellódromo' da explanada do Recinto Feiral apelando ao seu uso dotacional é "retorcer a lei" cunha "interpretación técnica" porque, ten claro que se trada dun espazo "de tránsito e público".