A Xunta concede sete novos permisos de explotación da miñoca na confraría do Grove

O Salnés
07 de abril 2017

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería do Mar

Miñoca
Miñoca

A Consellería do Mar convocou sete novos permisos de explotación na modalidade de poliquetos, coñecidos popularmente como miñocas, a pé na confraría do Grove

Para poder optar a eles, os solicitantes deberán cumprir, entre outros, os requisitos que se esixen no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e o que establece a orde que regula a explotación dos recursos específicos. Ademais deberá presentarse a documentación que solicite a Consellería do Mar.

Poderanse presentar as solicitudes durante 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na web da Consellería. As solicitudes e a documentación acreditativa deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta. Tamén existe a opción de presentar as solicitudes en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas.

Os interesados poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería a través desta ligazón.

Unha vez finalizado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración.