A Xunta concede á Fundación Juan XXIII o novo Programa Integrado de Emprego

Pontevedra
12 de xaneiro 2024

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, trasladaron os detalles do novo Programa Integrado de Emprego, a través do cal buscan promoven a inserción laboral no mercado ordinario de traballo dunhas cen persoas que presentan menos necesidades de apoio

Pablo Fernández e Agustín Reguera, na Fundación Juan XXIII
Pablo Fernández e Agustín Reguera, na Fundación Juan XXIII / Xunta de Galicia

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitaron este venres a Fundación Juan XXIII para coñecer de primeira man o seu labor en colaboración coa Xunta a prol da empregabilidade das persoas con discapacidade.

Durante a visita valoraron o crecemento do proxecto desde a súa fundación en 2008, incorporando ano tras ano novos programas que actualmente contan con 70 profesionais, dos que o 80% son persoas con discapacidade que traballan no Centro Especial de Emprego, que está especializado en xardinaría, viveirismo e conservación do monte.

Fernández e Reguera coñeceron os progresos doCentro Especial de Emprego (CEE), que busca empregar ás persoas con máis necesidades de apoio e que recibiu axudas da Xunta para o seu mantemento, para a creación ou ampliación do seu cadro de persoal, para a súa unidade de apoio á actividade profesional ou para un programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual.

Ademais, trasladaron os detalles do novo Programa Integrado de Emprego, a través do cal buscan promoven a inserción laboral no mercado ordinario de traballo dunhas cen persoas que presentan menos necesidades de apoio.

Os representantes autonómicos amosáronse satisfeitos co labor levado a cabo pola Fundación Juan XXIII e reafirmaron o compromiso da Xunta con este tipo de iniciativas e das subvencións para a contratación de persoas desempregadas polas entidades sen ánimo de lucro ou para contratar mozos e mozas co obxectivo de que realicen servizos de interese xeral e social.