A Xunta comprométese a finalizar antes de fin de ano as obras nos petróglifos de Mogor

Marín
27 de novembro 2014

ÿ o compromiso que lle trasladou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, á alcaldesa de Marín, María Ramallo

Xuntanza entre María Ramallo e o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez
Xuntanza entre María Ramallo e o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez / Xunta de Galicia

Antes de final de ano estarán rematadas as obras que a Xunta de Galicia está realizando no centro de acollida de visitantes que está situado no xacemento arqueolóxico dos petróglifos de Mogor. ÿ o compromiso que lle trasladou o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, á alcaldesa de Marín, María Ramallo.

Os traballos correspóndense coa execución do proxecto museográfico e o acondicionamento das pasarelas. Completan as actuacións previstas para que, a principios de 2015, o devandito centro museístico se poda abrir ao público e difundir así o legado que supón estes extraordinarios conxuntos de gravados rupestres. 

O investimento realizado pola Consellería, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, durante os últimos cinco anos nesta sobranceira estación rupestre é de 279.174 euros.

As actuacións incluíron, desde as primeiras sondaxes ata o proxecto museográfico, así como todos os procesos necesarios para a xestión, conservación e posta en valor dos petróglifos.

Arquivado en