Segundo a Xunta o seguimento da folga xeral en toda a administración autonómica e os seus organismos dependentes situouse no 25 por cento e os servizos mínimos cumpríronse con normalidade na súa totalidade en todos os ámbitos.
Na provincia de Pontevedra o seguemento foi do 33,46 por cento.
Por sectores, na provincia pontevedresa o seguemento foi...
- Na Sanidade dun 31,69 por cento
- No ámbito da Administración de Xustiza, dun 27,53
- No Ensino do 36,05 por cento do persoal
- sendo do 27,08 na pública
- e do 7,75 por cento na educación concertada
Ademáis aseguran que en xeral os servizos mínimos se cumpriron na súa totalidade en todo os ámbitos e a Xunta de Galicia non ten constancia que no seu ámbito se teña producido ningunha incidencia de relevancia.