Nova etapa para a obra de construción do novo edificio xudicial da Parda. A Xunta dá por finalizada a execución da estrutura básica e agora comeza a fase de elaboración dos tabiques interiores e a creación da sala de vistas piloto.
Estase á espera tamén da entrega da carpintería exterior para levar a cabo a montaxe, segundo informan desde Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
As dificultades técnicas atopadas na fase de cimentación obrigaron a establecer o remate da obra no primeiro semestre de 2019.
O edificio conta con 6 andeis sobre rasante. Nos dous primeiros instalaranse as salas de vistas e nos catro seguintes os xulgados, 7 por andel, ata alcanzar os 28 previstos. O edificio baixo rasante acolle dous pisos de soto, onde estará previsto establecer o aparcadoiro de uso privado para os traballadores do edificio e dos arquivos. Tamén se crearán salas de instalacións nesta zona.
Con esta nova infraestrutura, a Xunta quere solucionar o actual colapso que denuncian os traballadores nas instalacións do outro edifico da Parda e na Audiencia Provincial. Os dous inmobles situados na Parda estarán comunicados a través dunha pasarela cuberta, formando un único complexo.