A xuíza da Operación Patos arquiva a causa para todos os políticos menos Louzán

Pontevedra
14 de setembro 2017

Rafael Louzán é o único político que continúa sendo investigado dentro desta presunta trama corrupta de agasallos e favores a cambio de adxudicacións de obras que ten a súa raiz na empresa Eiriña

Rafael Louzán na Deputación
Rafael Louzán na Deputación / Mónica Patxot

A xuíza titular do xulgado de instrución número 7 de Vigo ditou un auto no que acorda o sobresemento da chamada Operación Patos con respecto a todos os políticos que estaban a ser investigados, con excepción do ex presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, así como de varios empresarios e técnicos, para quen ordenou continuar o procedemento de instrución e abrir pezas separadas.

Deste xeito a causa enmarcada na Operación Patos na que 23 persoas que foron investigadas quedou sobreseída, accedeu así a xuíza ás pretensións do Ministerio Fiscal.

Queda arquivada a causa para políticos como o alcalde de Vigo, Abel Caballero, os concelleiros e deputados David Regades, Isaura Abelairas, José Manuel Figueroa ou a ex delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch.

Así, Louzán, é o único político que continúa sendo investigado dentro desta presunta trama corrupta de agasallos e favores a cambio de adxudicacións de obras que ten a súa raiz na empresa Eiriña.