A xestión do 'tasazo' de Sogama enfronta ao BNG e ao PSOE no goberno local

Pontevedra
18 de marzo 2014

O portavoz do goberno local anuncia que o Concello declárase 'insubmiso' no pago a Sogama da suba nun 34% da taxa mentres que os cidadáns terán que soportar o incremento no recibo. Dende o PSOE, Louro mostra a súa discrepancia coa medida e o PP tamén critica a decisión

Pleno municipal no Teatro Principal de Pontevedra
Pleno municipal no Teatro Principal de Pontevedra / Mónica Patxot
Raimundo González explica como se xestiona o 'taxazo' de Sogama /

O PSOE considera "incoherente" a medida anunciada polo voceiro do grupo municipal, Raimundo González, de non pagar a suba da taxa polo servizo de recollida de lixo que aplica Sogama mentres si se sube o recibo aos cidadáns para, segundo o concelleiro, facer fronte a outros servizos ou aos pagamentos de Sogama se o Tribunal Constitucional non admite a trámite o recurso presentado polo Concello pontevedrés polo incremento da taxa.

Raimundo González defendía esta decisión destacando o carácter "insubmiso" do goberno local pero sinalaba que os cidadáns si teñen que asumir unha suba do recibo domiciliario por unha cantidade de 12 euros ao ano, seis menos do que obrigaría a elevalo en caso de que se aplicase a suba da taxa de Sogama directamente.

Non obstante, dende o PSOE lamentan esta decisión e o voceiro do grupo socialista, Antón Louro, anunciou que trasladará a queixa á próxima xunta de goberno do Concello pontevedrés para reclamar que se realice o pagamento. Segundo Louro no presuposto de 2014 acordaran subir a taxa do lixo un 10% para pagar un servizo que "é o contrato de Sogama" e engadiu que acordaran presentar un recurso para que se declare non preceptiva esta suba. Louro cualificou de "incoherente" esta decisión anunciada dende o socio do goberno e alertou de que xa presentaran unha moción rexeitando o "taxazo" e na que pedían que a suba fose afrontada pola Deputación e pola Xunta de Galicia.

Pola súa banda, Ricardo Aguilar, concelleiro do Partido Popular criticou a xestión e "la falta de entendimiento y de transparencia" no goberno local: "el ayuntamiento de Pontevedra es insumiso y los ciudadanos tienen que ser sumisos, la expresión es fantástica. Nosotros no vamos a pagar pero si les vamos a cobrar".