Dende o próximo 20 de outubro, a xefatura provinciais e oficinas locais de Tráfico suprimen o pagamento en efectivo nas súas oficinas das taxas que a DGT cobra pola realización de trámites relacionados cos permisos de circulación, condución e seguridade vial entre outros.
Mantense o pagamento en efectivo nos bancos mentres que nas xanelas de Tráfico só se poderá pagar con tarxeta bancaria. Tamén é posible pagar a través de Internet con tarxeta bancaria ou mediante cargo en conta.
Segundo as explicacións facilitadas polo Ministerio do Interior con esta iniciativa, a Dirección Xeral de Tráfico "incrementa a seguridade nas xefaturas e dos propios usuarios, ao non ter que manexar nin trasladar o diñeiro en metálico destes trámites ".
A porcentaxe de cobramento en efectivo de taxas nas xefaturas provinciais é de apenas un 12%. Este feito, sumado á constatación da efectividade desta medida nas xefaturas onde xa está en marcha e que o cidadán dispón doutros sistemas alternativos de pagamento (tarxeta bancaria, Internet, entidades financeiras colaboradoras...) foron outras das razóns que levaron á DGT a adoptar esta decisión.
Por outro lado, hai que recordar que dende o ano pasado tampouco se poden aboar en metálico nas oficinas da DGT as multas de tráfico, que seguen o mesmo procedemento que agora se estende ás taxas administrativas.