A X Festa do Petote habilita 800 prazas para a degustación do Cocido de Entroido

Cerdedo-Cotobade
13 de febreiro 2019

Poderase comer o cocido completo con petote, postre e bebida a un prezo de 20 euros por persoa e a reserva de prazas permanece aberta

IX Festa do Petote en Carballedo
IX Festa do Petote en Carballedo / Diego Torrado

A X Festa do Petote, organizada polo Concello de Cerdedo-Cotobade para este domingo 17 de febreiro, disporá de 800 prazas de comensais para a degustación deste Cocido de Entroido nos dez restaurantes participantes, segundo se dou a coñecer este mércores o alcalde, Jorge Cubela.

O certame gastronómico, o primeiro dos oito cos que conta o municipio ao longo do ano, estrea un novidoso formato con festa popular en Carballedo, como localidade central da festa, e coa degustación do cocido espallada polos dez restaurantes que se quixeron adherir á cita.

A festa centralizarase en Carballedo, que é a localidade protagonista desta cita, cunha completa sesión vermú dende as 11.00 horas. Así, na vila haberá animación musical coas charangas Cor Café e Moreira a Tope, concerto co grupo A Tajea, inchables para os cativos e degustación gratuíta de petote, lacón con grelos e lacón a feira da man da foodtruck Laconlover.

Por outra banda, a degustación do cocido completo con petote, postre e bebida ten fixado un prezo de 20 euros por persoa en calquera dos dez establecementos participantes e a reserva permanece aberta, podendo facerse o mesmo domingo en caso de que haxa prazas libres nalgún restaurante.

En todo caso, as persoas interesadas xa poden concertar a súa mesa en calquera dos locais: A de Tucho (Augasantas-670 971 785), A Raxadal (Carballedo-986 760 018), Casa Blanco (Rebordelo-645 922 995), Casa Inés (Carballedo-986 760 003), Veiga Mariña (Almofrei-986 763 127), O Espigueiro (Cerdedo-678 719 030), O Meu Lar (Cerdedo-687 393 141), Moncha (Cerdedo-633 943 295), Restaurante Davi (Quireza-606 774 141) e A Vosa Taberna (Borela-986 763 126).

 

Arquivado en