A Virxe Peregrina procesiona co seu manto orixinal 43 anos despois

Pontevedra
15 de agosto 2016

A patroa da provincia viviu este domingo o seu día grande e, ademais, un día do trinque. Na procesión que percorreu as rúas de Pontevedra a partir das nove da noite, luciu o seu manto orixinal, que levaba 43 anos sen poder portar. A peza,  de cor azul e bordada en ouro, compartiu protagonismo coa vistosa danza gremial das cintas da agrupación Duos Pontes

Procesión da Virxe Peregrina e danza gremial das cintas
Procesión da Virxe Peregrina e danza gremial das cintas /

A virxe da Peregrina viviu este domingo o seu día grande e, ademais, un día de estrea. Na procesión que percorreu as rúas de Pontevedra a partir das nove da noite, luciu o seu manto orixinal, ese que leva 43 anos sen poder portar, desde 1973. O manto, de cor azul e bordado en ouro, xerara gran expectación entre os devotos e finalmente non decepcionou a quen se apiñaba nas rúas do centro durante o percorrido da procesión

Este manto orixinal estaba nun precario estado de conservación que impedía que a patroa da provincia puidese portalo nas festas, pero un laborioso traballo de restauración, coordinado pola confraría do Santo Refuxio da Divina Peregrina, permitiu que este domingo volvese vestir os seus mellores galas e, sobre todo, unha imaxe moi diferente ao habitual vestido branco e dourado que levaba os últimos anos. 

A estrea deste manto, que ten uns 150 anos de antigüidade, produciuse na misa solemne que se celebrou na capela da Peregrina e deuse un baño de masas na procesión da noite.

A pesar do rechamante da nova vestimenta, a Virxe compartiu protagonismo da tarde-noite coa vistosa danza gremial das cintas, unha tradición do século XVIII que, ano tras ano, segue deixando impresionados aos cidadáns que fan un círculo ao redor dos bailaríns da agrupación Duos Pontes, que cada ano a interpreta. 

Arquivado en