A Vida é Movernos prepara uns talleres para traballar a meditación e a conciencia

Pontevedra
20 de agosto 2022

Serán no Mirador de Monte Porreiro nas mañás do domingo 28 de agosto e o luns 29 de agosto. O primeiro día está orientado a maiores de 35 anos en horario de 10:30 a 11:45 horas, mentres que o segundo será para menores de 35 entre as 11:45 e as 13:00 horas

Talleres de ioga e meditación promovidos por A Vida é Movernos
Talleres de ioga e meditación promovidos por A Vida é Movernos / Concello de Pontevedra

Para pechar este mes de agosto, o programa A Vida é Movernos ten preparadas unha serie de talleres Mindfulness destinados a axudar á cidadanía a traballar a meditación e a conciencia plena.

Serán no Mirador de Monte Porreiro nas mañás do domingo 28 de agosto e o luns 29 de agosto. O primeiro día está orientado a maiores de 35 anos en horario de 10:30 a 11:45 horas, mentres que o segundo será para menores de 35 entre as 11:45 e as 13:00 horas.

Segundo sinalou o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, "a través do mindfulness trabállanse cuestións que teñen que ver coa conciencia plena, con prestar atención a pensamentos, emocións e sensacións corporais", polo que "poucas actividades poden ser máis recomendables nestes tempos que vivimos, nos que acabamos de superar unha pandemia e aínda nos enfrontamos a un período convulso".

Aquelas persoas interesadas en participar poderán inscribirse totalmente de balde a través do número de teléfono 676 649 055 ou do email [email protected]