A Vía Mariana celebra en Cuntis a súa asemblea de socios

Umia
12 de maio 2019

Un total de 45 persoas, entre os que estaban os directivos e socios fundadores, foron recibidas polo alcalde do municipio, Manuel Campos

A Vía Mariana celebra en Cuntis a súa asemblea de socios
A Vía Mariana celebra en Cuntis a súa asemblea de socios / Concello de Cuntis

O Concello de Cuntis recibiu este sábado a visita dos socios da Vía Mariana, unha agrupación cultural de peregrinos que percorren os templos marianos desde Braga a Muxía.

Un total de 45 persoas, entre os que estaban os directivos e socios fundadores, foron recibidas polo alcalde do municipio, Manuel Campos.

A boa acollida que lles deu a vila termal en visitas anteriores foi decisiva para realizar este ano a súa tradicional asemblea en Cuntis. O propio rexedor deulles a benvida, agradeceulles a visita e animoulles a regresar sempre que o desexen. Así mesmo, fíxolles entrega dunha peza de cerámica en sinal de agradecemento, mentres que desde a agrupación concederon ao rexedor un diploma como recoñecemento pola súa colaboración coa agrupación.

A comitiva pasou todo o día na vila termal. Gozaron dunha comida de confraternidade e pola tarde visitaron cun guía o casco antigo da vila e por Castrolandín e a súa fundación.

No Concello están tamén moi interesados na potenciación desta vía de peregrinación, que move cada ano por centos de peregrinos polos principais santuarios marianos da provincia de Pontevedra e norte de Portugal.

"Para nós é moi importante porque pode establecer un fluxo estable de peregrinos por Cuntis", explica o alcalde, quen ve na Vía Mariana unha oportunidade para fomentar o turismo na vila. Tamén participou no acto o concelleiro de Turismo Diego Torres.