A Festa do Codillo chega ao seu vixésimo segunda edición. A cita está prevista para o domingo 16 de xuño, a partir das 13.30 horas, na Alameda do Concello da Lama.
David Carrera, alcalde do municipio, e o concelleiro de Cultura e Deportes, Plácido Pillado, presentaron a programación e anunciaron que esperan superar o milleiro de comensais.
Está prevista unha cata previa para decidir entre o xurado cal é a mellor preparación para degustar o codillo nesta edición.
Xa se atopan á venda os tíckets nas oficinas municipais e na Biblioteca da Lama.
O prezo é de 15 euros, que permite degustar o codillo, ademais de pan, viño ou auga e levar o prato de barro serigrafiado, con garfo e coitelo.
A música correrá a cargo dunha charanga, o grupo folclórico Os Catro Ventos e a Banda de Música Municipal da Lama, que ofrecerá un concerto a partir das 20.00 horas.
Está previsto que se abra unha Mostra de Produtos da Terra dedicada a promocionar agroalimentación ecolóxica e produtos naturais.