O alumnado de sexto de primaria do colexio Amor Ruibal de Barro, o grupo Stop Velutina Barro bautizaron co nome de "VelutiPoli" á nova policía das velutinas formada pola rapazada que se adican a poñer trampas e localizar nidos desta vespa asiática.
O tenente de alcalde e coordinador do grupo Stop Velutina, José Sanmartín explicou que o nome foi elixido polos propios alumnos que nos próximos días escollerán a imaxe identificativa.
Nos últimos 15 días atrapáronse 17 raíñas velutinas. Nunha soa trampa da parroquia da Portela caeron cinco. Neste tempo, os voluntarios da asociación Stop Velutina tamén levan unhas 30 raíñas cazadas en trampas e catro niños retirados.
O tenente de alcalde e coordinador do grupo expresou o "máximo agradecemento" polo compromiso da comunidade escolar, e dixo que recibirán "algunha sorpresa" ao longo destes meses de curso de trampeo.
Este sábado día 30 ás 21 horas estarán na parroquia pontevedresa de Cerponzóns impartindo unha charla organizada pola Asociación Cultural Chan do Monte.