O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acudiu ata a estrada de Trancosa-Candóns para coñecer de primeira man a iniciativa levada a cabo por un grupo de veciños do primeiro núcleo para a protección dun desnivel existente na vía.
Instalouse unha malla de protección no muro de sostemento, sendo aportado o material necesario para a súa instalación por parte do Concello de Marín.
Novas quixo destacar a importancia que ten "o impulso deste tipo de melloras que parten da iniciativa veciñal altruista e que permiten ir mellorando os entornos rurais, como é o caso en moitas ocasións da veciñanza que se xuntan para limpiar regadios, pozos ou para facer pequenas obras como esta".
O edil asegurou que o Concello sempre terá a man tendida para que iniciativas como esta saian adiante, facendo aportacións municipais.