A veciñanza de Moraña mobilízase contra a falta de médicos no centro de saúde

Umia
04 de agosto 2022

Uns 300 veciños acudiron este mércores á mobilización convocada diante do centro de saúde de Moraña. Esta foi a terceira convocatoria realizada diante deste centro sanitario contra a falta de médicos

A veciñanza de Moraña mobilízase contra a falta de médicos no centro de saúde
A veciñanza de Moraña mobilízase contra a falta de médicos no centro de saúde / BNG de Moraña

Uns 300 veciños acudiron este mércores á mobilización convocada diante do centro de saúde de Moraña. Esta foi a terceira convocatoria realizada diante deste centro sanitario contra a falta de médicos.

Este centro médico de Moraña queda cun só médico durante gran parte do mes de agosto para atender a case 4.000 habitantes.

A mobilización foi convocada polo BNG e contou tamén coa participación do Partido Socialista de Moraña.

O voceiro do BNG, Marcos Suárez interviña ao final do acto lembrando que o motivo da protesta "xa non era un feito puntual ou unha casualidade, senón que deriva das políticas de recortes orzamentarios e de persoal que o PP vén aplicándolle á sanidade pública galega nos últimos anos".