A Universidade de Santiago de Compostela, acaba de facer chegar ás Asociación Cristóbal Colón Galego con sede en Porto Santo, en Poio, o convenio marco de colaboración entre ambas as dúas entidades, e que o pasado 21 de abril, asinaba o anterior reitor da Universidade, Juan José Casares Long, como convenio que estaba pendente da súa firma; e que posteriormente asinou o presidente da Asociación Cristóbal Colón galego, Eduardo Esteban Meruéndano.
O convenio con validez prorrogable dun ano, xa figura nos arquivos académicos de Santiago de Compostela.
O acordo abre as portas a diversas actividades, entre elas o apoio universitario, científico e académico, ás actividades organizadas por esta asociación.
Ademais inclúese a celebración dun Congreso Internacional sobre a Orixe de Cristóbal Colón, unha exposición sobre toda a bibliografía existente sobre a orixe galega de Colón, e a publicación de obras conmemorativas sobre a teoria galega, da orixe do descubridor.
O Congreso Internacional sobre a Orixe de Cristóbal Colón, xa está redactado e auspiciado pola Facultade de Historia (departamento de Historia de América), e a súa celebración situaría a Pontevedra no mapa dos sitios relacionados co Descubrimento, e constituiría un grande apoio á Teoría da orixe galega, que en 1898 formulou -ante a orixe xenovesa establecida- o investigador pontevedrés Celso García de la Riega, do que este ano se cumpren o 100 aniversario da súa morte.