A Unión Federal de Policía e a Asociación Pro Garda Civil solicitan probas de cribado

Pontevedra
11 de febreiro 2021

Ambos colectivos expresan o seu descontento cara a sanidade galega por non ter incluído á Garda Civil, CNP ou Militares nas súas probas de cribado, alegando que non se lles tivo en conta, e solicitan a realización das probas

Cribado no concello da Lama
Cribado no concello da Lama / Sergas

Tras un acordo do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e as farmacias galegas, iniciouse gratuitamente e sen prescrición médica un cribado para detectar a Covid-19 ensinando a tarxeta sanitaria do SERGAS. A Unión Federal de Policía e a Asociación Pro Garda Civil expresan o seu descontento cara a sanidade galega por non ter incluído á Garda Civil, o Corpo Nacional de Policía ou Militares nas súas probas de antíxenos, alegando que non se lles tivo en cuenta, e solicitan a realización das probas.

Os axentes pertencentes á Policía Nacional e as súas familias forman parte da Mutua de Funcionarios do Estado MUFACE, e a súa vez están considerados como colectivo de alto risco. Porén, non foron cubertos polo Servizo Galego de Saúde, convertíndose nos únicos axentes policiais en non efectuar estas probas, a diferencia da Policía Local e Unidade Policia Adscrita á Xunta de Galicia.

Por isto, a UFP expresou, mediante un escrito, a solicitude de modificación a través da Consellería de Sanidade e da Xunta de Galicia, para que os axentes da policía nacional destinados en Galicia, así como os seus familiares, poidan acudir ás farmacias dispostas polo SERGAS e poder facerse o test de antíxenos; co fin de evitar o que denominaron unha "discriminación que os fai máis vulnerables ante a pandemia que vivimos".

A Asociación Pro Guardia Civil tamén manifestou as súas queixas cara o servizo galego de saúde, explicando que "esta negativa non é só para os Gardas Civís, senón que tamén se lles está negando ese dereito ás nosas familias, esposas e fillos". Recalcaron, ademais, as labores realizadas polo colectivo desde o principio da pandemia en todos os lugares nos que se lles precisou, engadindo que tiveron "cumprida satisfactoriamente a misión encomendada". 

QUEIXAS TAMÉN POR PARTE DA GARDA CIVIL 

No que atinxe á realización dun test de saliva en farmacias, os Gardas Civís non aparecen na base de datos do SERGAS, e por iso non lles é posible realizala proba. Un dos requisitos para a realización do test é estar en posesión da tarxeta sanitaria, e a tarxeta do ISFAS non é válida como substituta da tarxeta sanitaria do SERGAS. Non  obstante, é dende maio do 2020 que se veñen realizando xestións pola delegación do ISFAS en Galicia para que se inclúan, entre outros, os seus afiliados. Actualmente estase a definir unha canle segura de trasvase de datos dos afiliados do ISFAS ao SERGAS, sen concretarse ningunha data para elo. 

Con respecto ao anterior, engaden que "desde a Dirección Xeral non se ten en conta que os gardas civís son os que están circulando por todas as poboacións da provincia polo servicio e as misións que se nos encomendan, así como as relacións con persoas necesitadas ou simplemente contacto con moitos cidadáns ao longo do noso traballo, como servidores públicos".