A UNED proxectará en Pontevedra o segundo episodio de 'Narcogallegos', o documental de Víctor Méndez

Pontevedra
21 de abril 2023

A actividade terá lugar no Salón de Actos o martes 25 de abril ás 18:00 horas e estará acompañada dunha mesa redonda baixo o título de 'El tráfico y el consumo de drogas en Europa en 2023' que reunirá a profesionais dos ámbitos policial e xudicial

Xornalista Víctor Méndez
Xornalista Víctor Méndez / Mónica Patxot

O Salón de Actos do Centro Asociado da UNED en Pontevedra acollerá o martes 25 de abril ás 18.00 horas a proxección do documental 'Narcogallegos Episodio II. El tráfico de cocaína en el siglo XXI' dirixido polo xornalista Víctor Méndez.

O acceso a esta actividade será aberto e gratuíto ata completar a capacidade. Ademais, terá lugar unha mesa redonda baixo o título 'El tráfico y el consumo de drogas en Europa en 2023' que contará coa participación de Pablo Varela, fiscal antidroga de Pontevedra; Emilio Rodríguez, xefe do Greco en Galicia; José Duarte, xefe da Policía Local de Pontevedra; Manuel Isorna, profesor da Universidade de Vigo; Agustín Fernández, concelleiro de Saúde Pública en Pontevedra; e o xornalistaVíctor Méndez.

'Narcogallegos', o documental coproducido por Imaco e Narcodiario, fai un percorrido moi actualizado sobre o tráfico internacional de cocaína partindo de Galicia e abrindo o foco o resto do mundo. A peza foi seleccionada por Movistar Plus+ como unha das 10 mellores do ano no xénero de 'Non Ficción'.

O documental, que contou co apoio da Xunta de Galicia e os municipios de Pontevedra e Ribeira para a súa produción, estreouse na canle #0 de Movistar Plus  no mes de febreiro de 2022, e desde entón, segundo indican desde a UNED, foi reproducidopor miles de espectadores.

Ademais, aseguran que os responsables do documental manexan nestes momentos propostas de distintas plataformas a nivel internacional que se atopan interesadas na emisión do mesmo.