O centro da Uned en Monte Porreiro acolle este venres 21 e o sábado 22 un curso de Intervencións Asistidas por Animais en Institucións cunha duración de 10 horas nas que os participantes coñecerán estratexias e habilidades de manexo terapéutico dos animais e como desenvolver unha sesión de terapia asistida.
No programa figuran especialistas en veterinaria, psicoloxía, antrozoología e en terapias ocupacionais. Entre eles encóntrase o presidente da Sociedade Española de Antrozoología, Roberto Estévez, que tamén pertence á Asociación Coordinadora de Protectoras de Pontevedra (Acopo).
Esta entidade realizará unha exhibición práctica a través de dous especialistas que mostrarán como se desenvolven estas terapias con cans co obxectivo de que os profesionais terapéuticos teñan coñecemento destas técnicas que ofrecen unha perspectiva naturalista e emocional.
O prezo do curso é de 30 euros e pode realizarse a inscrición a través da web da Uned de Pontevedra.