A UNED homenaxea ás mulleres do mar

Pontevedra
08 de marzo 2023

Javier Touza, María Caldeiro, Mariña López e Pupe Jueguen protagonizan a xornada reividicativa e divulgativa do papel feminino na actividade económica relacionada coa pesca e o marisqueo organizado pola Universidade a Distancia en Pontevedra 

A UNED homenaxea ás mulleres do mar
A UNED homenaxea ás mulleres do mar / UNED Pontevedra

A UNED en Pontevedra brindou unha homenaxe ás mulleres do mar nos actos conmemorativos do 8-M celebrados este martes no salón de actos do centro universitario.

Neste acto tiveron un papel destacado Javier Touza, armador e presidente de Fundamar e da Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI); María Caldeiro,  xerente de Fundamar; Mariña López Rodríguez, directora do museo Anfaco e Pupe Jueguen, secretaria de Amarcarril (Asociación de Marsicadoras de Carril) e ex traballadora dos conserveira Hermanos Massó, S.A

Tamén actuou o dúo Acordereta, formado por Álex e Patricia que teñen como temática a reivindicación do papel da muller na súa loita por lograr a igualdade de dereitos utilizando como nexo de unión poemas de Rosalía de Castro. 

Entre outros temas falouse do programa "Sereas. As mulleres do mar", unha iniciativa fundada en 2017 ao servizo da investigación, divulgación e visibilización do papel da muller no sector mar-industria creada pola Fundación para a Pesca e Marisqueo (Fundamar) e a Fundación Agrupación industrial de Conservación de Produtos do Mar (Funpromar).