O Centro Asociado da UNED en Pontevedra inicia este mes de marzo un curso en liña de programación. Desenvolverase entre o 12 de marzo e o 9 de maio e estará impartido por Xabier Iglesias Pérez, graduado en Enxeñería Informática. A dirección do curso corre a cargo de María Jesús Taboada Iglesias, profesora-titora do centro pontevedrés e coordinado polo responsable do Departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, Rafael Cotelo Pazos.
Os alumnos aprenderán a programación de sistemas operativos mediante un proxecto continuado no que se irá construíndo aos poucos un núcleo completo, isto é construír o seu propio sistema operativo. O curso distribuirase en dúas sesións semanais de dúas horas cada unha, ata completar as dez horas de formación. Poderá ser seguida en liña en directo ou en diferido sen necesidade de acudir ao centro universitario.
O curso é especialmente recomendable para estudantes de enxeñería con coñecementos previos de programación, profesionais da informática e telecomunicacións, desarrolladores de sistemas ou apaixonados pola tecnoloxía. Tamén está dirixido a público en xeral.