A última operación contra o tráfico de heroína desarticula un laboratorio artesanal en Barro

Pontevedra
23 de setembro 2022

A operación permitiu desarticular unha organización criminal de orixe galega dedicada á distribución de grandes cantidades de heroína en España e Portugal. De feito, a principal partida de droga intervida foi localizada no país veciño a principios do mes de marzo, 12 quilos

Heroína localizada na operación
Heroína localizada na operación

A última operación antidroga desenvolvida pola Unidade de Droga e Crime Organizado (Udyco) da Policía Nacional ha permitido localizar e sacar de circulación un laboratorio artesanal no que se realizaban tarefas de corte da heroína e de cocaína nun inmoble da localidade de Barro.

O Grupo II da Udyco de Pontevedra, con sede na Comisaría Provincial da Policía Nacional, fixo balance da operación este venres, xusto despois de que este xoves a xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Cambados acordase o ingreso en prisión de dous dos tres detidos na última fase da operación. 

A operación permitiu desarticular unha organización criminal de orixe galega dedicada á distribución de grandes cantidades de heroína en España e Portugal. De feito, a principal partida de droga intervida foi localizada no país veciño. 

A orixe desta operación sitúase a principios do mes de marzo, cando membros deste grupo antidroga da Policía Nacional realizaron unha intervención coa colaboración da Policía Judiciaria de Portugal no que se interceptou a un individuo nas inmediacións do Porto e localizáronse  no interior do seu vehículo 12 quilogramos de heroína.

A operación, bautizada 'ATIÇ', tivo diferentes fases, nas que se incautaron cantidades máis pequenas desa substancia que foi intervida a distribuidores das localidades do Grove, Fisterra e Santiago. Nesoutras fases da operación realizáronse outras sete detencións (que se suman ás tres desta semana e a de marzo) por iso é polo que o balance total sexa de 11 detidos ata o momento. Hai un sospeitosos número 12 que se atopa en paradoiro descoñecido. 

En total, a droga intervida suma 12 quilos e medio de heroína e preto de medio quilo de cocaína.

A operación continúa aberta e non se descartan novas detencións. As últimas rabexadas producíronse esta semana cunha redada na madrugada do 20 de setembro na que participaron o Grupo Especial de Operacións (GEO), o Grupo de Operacións Especiais (GOES), a Unidade de Intervención Policial (UIP), a Unidade de Prevención e Reacción (UPR), medios aéreos, a Unidade de Guías Caninos e membros da Brigada Provincial de Policía Xudicial de Pontevedra e Marín.

Nesta última fase, houbo rexistros en naves e vivendas de Barro, Meis, Meaño, Sanxenxo e Ponteareas, un total de 8 rexistros en vivendas dos investigados, así como naqueles lugares onde se preparaba substánciaa estupefaciente para a súa posterior distribución.

A operación dirixírona a Fiscalía Antidroga de Pontevedra e o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados (Pontevedra) e considérase que ao organización criminal tiña capacidade para a distribución de importantes cantidades de heroína.