Ponte Caldelas xa comezou a quentar os motores para celebrar unha das súas festas máis emblemáticas, a Festa da Troita, que este ano chegará á súa edición número 56. Será os días 25 e 26 de maio pero, antes desta cita, a 'troitada' comezou o seu periplo polo rural.
Esta habitual xira polas parroquias comezou por Rebordelo e Paradela e, ao longo desta semana, continuará por A Fraga, A Ínsua, Taboadelo e Cuñas.
Estas citas coas degustacións de troita, fritida ou en escabeche, continuarán de martes a domingo por todos os núcleos rurais de Ponte Caldelas, durante todo o mes de maio.
Os asistentes a estas 'troitadas' poden degustar este suculento peixe a prezos populares, a 3,5 euros a ración de troitas, que vén acompaña de pan e viño ou auga.