Á terceira vai a vencida: Sanxenxo retoma o Entroido para gozar por fin do seu desfile

Sanxenxo
08 de marzo 2015

Cando a maioría dos mortais estamos a pensar xa nas vacacións de Semana Santa, Sanxenxo resístese a deixar atrás o Entroido. Tras dous intentos falidos, por fin o municipio puido gozar co seu tradicional desfile. Foi na tarde deste sábado e nel, a pesar de estar xa fóra de data, participaron centos de persoas

Desfile de Entroido e concurso de disfraces en Sanxenxo
Desfile de Entroido e concurso de disfraces en Sanxenxo / Diego Torrado

Cando a maioría dos mortais estamos a pensar xa nas vacacións de Semana Santa, Sanxenxo resístese a deixar atrás o Entroido. Tras dous intentos falidos, por fin o municipio puido gozar co seu tradicional desfile e concurso de disfraces.

Foi na tarde deste sábado e nel, a pesar de estar xa fóra de data, participaron centos de persoas.

O desfile partiu ás 16.30 horas da avenida Luis Rocafort e continuou polo Paseo de Silgar, Punta Vicaño, a estrada xeral e a rúa Rafael Picó ata chegar ao recinto portuario de Baltar (Portonovo), onde se concentraron os participantes.

No concurso inscribíronse doce persoas individuais, cinco parellas, tres grupos de ata oito membros, outros tres cun máximo de entre nove e vinte compoñentes e seis grupos de máis de vinte persoas. Ademais, na categoría de fantasía competiron tres propostas e os gañadores foron os integrantes da comparsa Os da Cana.

En total, repartíronse máis de 8.000 euros en premios.

Arquivado en