Preto dun milleiro de gamers visitaron A Raña na terceira edición do Marín Gaming Fest celebrada durante a fin de semana.
Todo un éxito de convocatoria para unha cita que pretendía visualizar a cultura do gaming e a diversión dixital e audiovisual.
O evento, organizado en colaboración pola agrupación Gaming Troop e o Concello de Marín, celebrouse durante dúas xornadas.
"Houbo un moi bo número de competidores nos torneos e notamos unha gran aceptación de toda a programación, tanto da mocidade como do público familiar", explicou o concelleiro marinense Hugo González defendendo ademais a aceptación dos xogos de mesa que "tiveron un gran seguimento".