A tecnoloxía led chega a Conde Bugallal con 71 novas luminarias

Pontevedra
05 de xullo 2017

A actuación incluíu o saneamento, limpeza e pintado deses 71 báculos de luz, así como a adecuación de líneas e reparación de cadros seguindo a normativa vixente. A chegada das luces led permite un aforro medio duns 89.900 kw/ano na rúa, o que porcentualmente supón un aforro do 80% do consumo e de 18.045 euros ao ano

Operario de Setga
Operario de Setga / Mónica Patxot

A tecnoloxía led xa é unha realidade na rúa Conde Bugallal. O Concello acaba de substituír 71 luminarias, o total do alumeado público nesta vía, seguindo coa política de ir completando a rede de iluminación pública led de Pontevedra en todos os barrios e parroquias

A actuación incluíu o saneamento, limpeza e pintado deses 71 báculos de luz, así como a adecuación de líneas e reparación de cadros seguindo a normativa vixente.

Ata agora os báculos de luz estaban divididos entre as dúas beirarrúas de Conde Bugallal, pero con esta actuación concentráronse todos na  dereita en sentido O Marco. Á esquerda mantivéronse os actuais alumeados das áreas residenciais.

A chegada das luces led permite un aforro medio duns 89.900 kw/ano na rúa, o que porcentualmente supón un aforro do 80% do consumo e de 18.045 euros ao ano.

No barrio da Parda xa se cambiaron as luminarias nas rúas Xoán Carlos I, Maruxa Mallo, Gaiteiro Ricardo Portela, Diego Sarmiento Acuña, Abundancia e Camposanto desde principios de ano.