O tempo estival vivido durante esta fin de semana animou a moitos cidadáns para acudir ás praias da ría. Quen acudiu á praia de Cabeceira, no municipio de Poio, comprobaron con sorpresa a nova imaxe que presenta o areal despois da talla das árbores.
A drástica decisión de adoptou por recomendación técnica despois de que o pasado 18 de setembro caese un eucalipto sobre a caseta das mariscadoras e cortando os dous carrís da estrada provincial EP-0602, o vial que une Lourido con Campelo pola costa.
Afortunadamente naquela ocasión non se rexistraron danos persoais pero os técnicos da Estación Fitopatológica de Areeiro, despois de estudar as árbores deste espazo, recomendaron a súa talla. A actuación municipal realizouse unha vez que Costas do Estado autorizou a retirada de árbores nos terreos da súa titularidade.
Esta actuación resultaba urxente dado o risco que pode supoñer para a actividade das mariscadoras, do mesmo xeito que para os viandantes e usuarios das praias e deste paseo.