A Sociedad Gitana recoñece o apoio de Poceiro á familia de 'Lupe' Jiménez

Vilaboa
08 de abril 2014

O colectivo entrega unha placa ao alcalde de Vilaboa no Día Internacional do Pobo Xitano. O seu presidente, Sinaí Giménez, asegura que "en el momento más apropiado el señor alcalde demostró que es un alcalde para todos sin hacer ningún tipo de diferencia, y a nosotros eso nos merece todo nuestro respeto"

Recoñecemento de Sociedad Gitana ao alcalde de Vilaboa
Recoñecemento de Sociedad Gitana ao alcalde de Vilaboa / Mónica Patxot

Coincidindo co Día Internacional do Pobo Xitano a asociación Sociedad Gitana quixo distinguir o alcalde de Vilaboa, José Luis Poceiro, por mostrar que "es un alcalde para todos sin hacer ningún tipo de diferencia, y a nosotros eso nos merece todo nuestro respeto".

Así o explicou o presidente do colectivo, Sinaí Giménez, referíndose ao apoio que o rexedor mostrou á familia de María Luísa Jiménez, 'Lupe',último caso de violencia de xénero en Galicia.

Sociedad Gitana argumenta que "las lágrimas que derramó por Lupe Jiménez merecen todo nuestro respeto, ya que mostró el dolor él sentía por una mujer de nuestra etnia".

José Luis Poceiro mostrouse visiblemente emocionado nun acto que contou ademais con familiares de Lupe, declarando sentirse "feliz" polo recoñecemento, pero ao mesmo tempo non créndose merecedor da homenaxe.

Poceiro quixo dar as grazas ao colectivo xitano, matizando que "la sociedad paya puede pensar que en momentos determinados hay excepciones pero no, yo creo que en Vilaboa desde asuntos sociales intentamos ser coherentes y poder ayudar dentro de nuestras posibilidades".

A este respecto Sinaí Giménez sinalou que lle gustaría que os políticos fosen "más humanos" e se mostren máis solidarios cos problemas deste colectivo, pois "hay casos que han ocurrido en otros ayuntamientos en los que no hemos tenido el cariño de los alcaldes".