A sexta onda eleva a 2.575 os casos activos de coronavirus en Pontevedra e O Salnés

Pontevedra
22 de decembro 2021

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés contabiliza un total de 2.575 casos activos de coronavirus, segundo confirmou este mércores 22 de decembro o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Son 60 casos máis que onte martes

UCI de Pontevedra con pacientes con covid-19
UCI de Pontevedra con pacientes con covid-19 / Pool / Ramón Leiro

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés contabiliza un total de 2.575 casos activos de coronavirus, segundo confirmou este mércores 22 de decembro o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Son 60 casos máis que onte martes.

No que respecta aos hospitais 40 persoas permanecen ingresadas en planta de hospitalización, 32 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (dous menos que onte), 3 no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (un máis) e 5 no Hospital do Salnés (un menos). 

Non hai cambios na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo que mantén 9 pacientes críticos.

Actualmente permanecen 2.526 casos COVID evolucionando en domicilio cunha sintomatoloxía leve ou asintomáticos.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 22.647 pacientes (112 máis que o martes) e faleceron por este virus no área sanitaria 220 pacientes, os últimos, un home de 95 anos en Montecelo e outro home de 90 anos no Hospital do Salnés, ambos presentaban patoloxías previas. 

En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 1.744, que se engaden ás 344.056 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 17.227 deles 2.678 son da área da Coruña, 1.153 da de Lugo, 2.527 da de Ourense, 2.575 da de Pontevedra, 5.706 da área de Vigo, 1.946 da de Santiago e 642 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 228 en unidades de hospitalización e 16.953 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 192.489 persoas curadas, rexistrándose 2.735 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.183.042.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.655.442.