A sexta andaina solidaria da Festa do Tinto de Ribadumia celebrarase o 4 de xuño

O Salnés
09 de maio 2023

Os interesados teñen de prazo para inscribirse nesta camiñada de 9 quilómetros ata o propio día do evento e poderán achegar o seu donativo en favor da loita contra o cancro  

Presentación da sexta andaina solidaria da Festa do Tinto de Ribadumia 2023
Presentación da sexta andaina solidaria da Festa do Tinto de Ribadumia 2023 / Concello de Ribadumia

A presentación da VI Andaina da Festa do Viño Tinto do Salnés e das Variedades Autóctonas tivo lugar este martes no salón de plenos do Concello de Ribadumia.

O evento terá lugar o vindeiro domingo 4 de xuño a partir das 10 horas. As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse no mesmo momento da andaina, que sairá desde a rotonda de ‘Os Castaños’ e rematará nos stands da festa. En total, contará cun percorrido de nove quilómetros aproximadamente. 

Como cada ano, a Andaina ten fins solidarios, pois nesta edición camiñarase en favor da loita contra o cancro. O goberno local anima a todos a veciñanza do municipio e achegados a asistir á sexta edición da Andaina Solidaria aportar un gran de area en favor da concienciación, a investigación e a prevención.