A sentenza do xulgado do mercantil número 1 de Pontevedra contra Audasa, pola cobranza abusiva de peaxes na autoestrada AP-9 durante as obras de ampliación de Rande, ameaza con provocar un terremoto político en Galicia.
O BNG considera que o fallo do xulgado deixa "co cu ao aire" á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Fomento, xa que demostra a "complicidade" de ambas as administracións con Audasa, por non "pararlle os pés" á concesionaria nas súas "prácticas abusivas".
Bará lamentou que tivese que ser a Fiscalía e os propios afectados os que "plantasen cara" a Audasa #ante a " inacción" da Xunta de Galicia e a "preocupante" decisión de Fomento e a Avogacía do Estado de apoiar os intereses da empresa no xuízo.
O deputado nacionalista pediu á Xunta de Galicia que habilite unha oficina de asesoramento e información ás persoas afectadas polas retencións para lograr "o máis rápido posible" a devolución das cantidades cobradas de maneira indebida.
Ademais, o deputado nacionalista reclama que Fomento aprobe un protocolo para que as barreiras da autoestrada AP-9 "se levanten" no caso de que haxan retencións para "impedir" que Audasa "continúe con estas prácticas abusivas".