A gran novidade na Semana Santa de Campo Lameiro protagonizárona este ano unha nova confraría infantil.
Trátase dunha iniciativa promovida polo párroco Fermín Santiago Iglesias co obxectivo busca involucrar aos máis pequenos na celebración da Semana Santa.
Foron ao redor de 20 nenos e nenas as que se estrearon procesionaron xunto ao Cristo Xacente na noite do Venres Santo, na Procesión dos Caladiños.
Durante a procesión, explica o sacerdote, os nenos portaron un trono de San Xoán Evanxelista e a Verónica dun tamaño e peso adecuado para que puideran completar a marcha con comodidade xunto ao resto de imaxes que compoñen a procesión, como son o Cristo Xavente e a Virxe dos Dores.
A Procesión dos Caladiños percorreu o traxecto desde a igrexa parroquial de San Miguel de Campo Lameiro ata a Praza do Concello.
Os menores implicados na nova confraría ensaiaron para a súa estrea durante a Coresma e en Catequese "con gran ilusión para estar perfectamente preparados para o seu debú", sinalou Fermín Santiago Iglesias.