A Semana Santa anima o mercado laboral con 2.068 desempregados menos en abril

Pontevedra
06 de maio 2019
Actualizado: 14:53

A Semana Santa tivo, como é habitual, un claro efecto sobre os datos de desemprego. E tamén, como non, nunha provincia tan vinculada co turismo como Pontevedra. Un total de 2.068 persoas abandonaron as listas do paro durante o mes de abril, segundo os datos que publicou este luns o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

Operarios traballando na reparación da avaría
Operarios traballando na reparación da avaría / Mónica Patxot

A Semana Santa tivo, como é habitual, un claro efecto sobre os datos de desemprego. Un total de 210 persoas abandonaron as listas do paro na cidade de Pontevedra durante o mes de abril, segundo os datos que publicou este luns o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Así, o número total de parados na Boa Vila sitúase en 5.552, un 3.64% menos que en marzo. Con respecto ao mesmo mes do ano pasado, Pontevedra rexistra un descenso nos demandantes de emprego que chega ata o -8.74%.

O aumento nas contratacións e, polo tanto, o descenso no número de desempregados é xeneralizado en toda a zona de influencia de Pontevedra e máis acusado nas zonas máis turísticas da comarca.

    Abril    Marzo   Variación
Pontevedra5.5525.762-210
Barro250265-15
Bueu760809-49
Caldas de Reis659687-28
Cambados1.0281.059-31
Campo Lameiro123130-7
Cerdedo-Cotobade339359-20
Cuntis275281-6
O Grove779909-130
A Illa de Arousa276292-16
A Lama152155-3
Marín1.552 1.555-3
Meaño320356-36
Meis323345-22
Moraña294298-4
Poio1.0411.092-51
Ponte Caldelas472482-10
Portas1971970
Ribadumia285295-10
Sanxenxo1.0001.167-167
Vilaboa391405-14
Vilagarcía de Arousa3.2763.406-130
Vilanova de Arousa   733771-38

 

PROVINCIA

Con respecto á provincia, un total de 2.068 persoas abandonaron as listas do paro durante o mes de abrilTrátase, por tanto, dun 3.04% menos que os desempregados que buscaban traballo en marzo, o que sitúa o total de parados na provincia en 65.762.

Por sectores de procedencia, o desemprego reduciuse principalmente nos servizos (1.917 persoas) e, en menor medida, na agricultura (21) e a industria (44), así como a construción (68) e entre o colectivo sen emprego anterior (21). 

GALICIA

O número de parados rexistrados nas oficinas do servizo público de emprego situouse en 166.226 desempregados en Galicia tras baixar en 4.615, un -2,70%, durante o mes de abril.

De acordo cos datos publicados, son 16.065 pontevedreses menos que hai un ano, o que supón unha redución interanual do -8,81%.

ESPAÑA

No total nacional, pola súa banda, o paro situouse nos 3.163.566 desempregados tras baixar en 91.518 persoas durante abril.

Dos 91.518 parados menos de abril, 40.189 eran homes e 51.329, mulleres, o que recortou o desemprego masculino a 1,29 millóns de persoas e o feminino a 1,86 millóns.  Por idade, o desemprego de menores de 25 anos reduciuse en 15.192 persoas. 

Arquivado en