Conta atrás para a celebración da I Semana Grande de Soutomaior, que dará o seu pistoletazo de saída este venres ás 21:00 horas co chupinazo na Casa do Concello.
Durante o acto de inauguración, o Concello fará entrega das 'Chaves da festa' á persoa de máis idade e á máis nova. Consuelo Corral Grandes, de 102 anos e a piques de cumprir 103, recibirá a chave de prata máis grande, e Vera Ferreira González, de pouco máis dunha semana de vida, recibirá a máis pequena.
Trala entrega das chaves chegará a festa co pasarúas da Mekánica Rolling Band a partir das 21:15 horas, pasando ata a contorna da Igrexa do Divino Salvador onde o grupo rematará o seu directo para darlle paso ás 23:00 a la música e divertimento a cargo da discomóvil 'La Duendeneta'. Para este primeiro día de festa, "a xente se poderá engalanar cun sombreiro de palla e una pañoleta", indican desde o Concello.
A Semana Grande de Soutomaior contará tamén con dous espazos para a súa celebración, un que será o Torreiro da Feira do dez en Candán e o outro na contorna da Igrexa do Divino Salvador. No primeiro, segundo indican desde o Concello, estarán instaladas as atraccións para a mocidade e crianzas, que estará dispoñible desde este venres ata o 7 de agosto en horario de 18:00 ata fin de festa.
Dentro do programa tamén está previsto que estas atraccións conten cunha hora diaria sen ruído, que será todos os días de 20:30 a 21:30 horas agás o sábado 3 de agosto, que será de 22:30 a 00:00 horas. Dende o Concello informan que o Punto lila e Protección Civil e emerxencias estarán situados no campo de fútbol do Soutomaior e os casos antiruído estarán no Punto Lila.
ACTOS RELIXIOSOS
Os horarios dos actos relixiosos para as festas serán o Día da Peneda, o 5 de agosto, na Ermida da Virxe da Peneda con misa ás 10:00, 11:00, 12:00 e ás 20:30 horas; mentres que misa polo Patrón, o día 6 de agosto, será na Igrexa do Divino Salvador ás 12:00 e ás 20:00 horas. Tralo remate desta última terá lugar a procesión
Ao día seguinte, o 7 de agosto, San Caetán, a misa será ás 9:00 horas na Igrexa do Divino Salvador con saída en procesión ata o Castelo de Soutomaior. Na Ermida de San Caetano a misa será ás 10:30 e ás 12:00 horas.