A segunda edición da Tea Masters Cup Spain disputarase no Pazo de Rubiáns

O Salnés
18 de xuño 2019

Esta é unha das competicións internacionais máis relevantes do mundo do té. Ten como obxectivo a promoción da excelencia do té e o enriquecemento profesional dos participantes

A deputada Eva Vilaverde e a experta Laura Rodríguez
A deputada Eva Vilaverde e a experta Laura Rodríguez / Mónica Patxot

A segunda edición da Tea Masters Cup Spain chega a Galicia. O Pazo de Rubiáns, entre camelias e viñedos, albergará próximo 29 de xuño este evento onde se escollerá o gañador que representará a España na final internacional.

A Tea Master Cup presentouse este martes nunha rolda de prensa en Deputación de Pontevedra coa deputada Eva Vilaverde e a experta Laura Rodríguez, que destacaron que esta é unha das competicións internacionais máis relevantes do mundo do té.

Ten como obxectivo a promoción da excelencia do té e o enriquecemento profesional dos participantes. Especialmente da persoa que se alce gañadora, pois o broche de ouro do seu paso polo campionato nacional supoñeralle a oportunidade e o compromiso de representar a España no certame internacional.

Nesta edición reunirá a profesionais de Austria, Bielorrusia, República Checa, Xeorxia, Hong Kong, Italia, Quenia, Letonia, Nova Zelandia, Polonia, Vietnam, Rusia, Corea do Sur, Singapura, Taiwan, Turquía, Ucraína, Estados Unidos, Francia, Indonesia, Casaquistán e España.

No certamente haberá diferentes categorías como a "Tea Pairing", que son maridaxes de té con gastronomía; "Tea Preparation", un mesmo té con distintas sensacións; "Tea Mixology", cócteles; "Tea Tasting", catas a cegas centradas en 10 mostras de tés puros de especialidade.

O evento inclúe relatorios e unha cata aberta ao público, que será ás doce do mediodía.