A Seca queda pequena para ver a Panorama nas Festas de San Xoán

Poio
26 de xuño 2022

Milleiros de persoas déronse cita na penúltima xornada das Festas de San Xoán de Poio para gozar da verbena organizada na Seca

Actuación da Orquestea Panorama nas Festas de San Xoán de Poio
Actuación da Orquestea Panorama nas Festas de San Xoán de Poio / Concello de Poio

Había ganas de cantar e bailar nas Festas de San Xoán de Poio, tras a cancelación por choiva da verbena prevista para a xornada de venres.

Ese debe quedou compensado con fartura o sábado, con milleiros de persoas gozando na Seca dos concertos.

O recinto festivo quedou pequeno para ver á Orquestra Panorama, acompañada polo Grupo Atenas.

As Festas de San Xoán chegan este domingo 26 de xuño ao seu fin, e fano cunha nova cita musical a partir das 21.30 horas coas orquestras París de Noia e Capitol.

O que non haberá é tirada de fogos de artificios como fin das celebracións, xa que foi aprazada ata o 24 de setembro.