A Sardiña xa descansa en paz en Marín

Marín
07 de marzo 2019

De rigoroso loito, decenas de marinenses percorreron as rúas do centro da vila, nun acto organizado polo Ateneo santa Cecilia, para render homenaxe a un dos estandartes das festas do Entroido en Marín

Enterro da Sardiña en Marín
Enterro da Sardiña en Marín / Diego Torrado

Desde as 17.00 horas, decenas de persoas achegábanse este mércores de Cinza pola Casa  Mortuoria situada no antigo local do Ateneo Santa Cecilia, a institución que organiza desde 1976 este acto festivo con especial protagonismo no  Entroido de Marín, o Enterro da Sardiña. Unha cita que fixo fronte ao mal tempo co humor característico destas datas.

O velorio estaba situado no Palco da Música na Alameda e a partir das 20.00 horas, a comitiva iniciaba o percorrido desde a rúa Jaime Janer ata a Praza do Reloxo. Os prantos e a dor facíanse patentes ao paso do féretro nunha marcha que finalizaba depositando os restos  mortuorios da singular sardiña.

Por outra banda, o goberno local de Marín aínda non estableceu a data na que se celebrará o gran desfile do Entroido, que tivo que aprazarse tanto o domingo como este mércores por motivos meteorolóxicos.

Arquivado en