A sardiña cotiza á alza por San Xoán

Pontevedra
21 de xuño 2017

En apenas sete días o prezo da sardiña no mercado pasou dos 3,50 euros o quilo a 8,50 este mércores sendo previsible que supere os 10 euros na véspera de San Xoan. O pasado ano alcanzaron os 18 euros

Bancadas da Praza de Abastos
Bancadas da Praza de Abastos / Mónica Patxot

En apenas sete días o prezo da sardiña no mercado pasou dos 3,50 euros o quilo a 8,50 este mércores sendo previsible que supere os 10 euros na véspera de San Xoan. O pasado ano alcanzaron os 18 euros.

Ante esta tesitura moitos compradores están a optar por comprar agora o produto e conxelalo aínda que perda algo de sabor. Mentres que outros esperan ao venres para comprar en fresco as últimas capturas do cerco galego.

Nos últimos anos gañan adeptos o churrasco e os chourizos que rivalizan co peixe azul do xeito como alternativa económica.

En canto ao costillar de porco, o prezo non varía, entre 5 e 7 euros o quilo.

Arquivado en