A Santa Compaña clama contra a privatización da sanidade pontevedresa

Pontevedra
07 de novembro 2015

Unha "procesión de mortos", conformada por membros do colectivo SOS Sanidade Pública percorreu este venres as prazas de Pontevedra para clamar contra a privatización do sistema sanitario

A Santa Compaña clama contra a privatización da sanidade pontevedresa
A Santa Compaña clama contra a privatización da sanidade pontevedresa / Diego Torrado

Unha "procesión de mortos", conformada por membros do colectivo SOS Sanidade Pública percorreu este venres as prazas de Pontevedra para clamar contra a privatización do sistema sanitario.

Emulando a lenda da Santa Compaña os participantes nesta singular protesta escenificaron como a sanidade pública vaise consumindo aos poucos pola compañía dos defuntos que, ao seu xuízo, representan os actuais gobernantes. Estes levan na súa man unha vela ou cirio e vestían longas sabas.

Esta rechamante mobilización é o preludio da manifestación convocada para o vindeiro venres día 13, e que sairá ás 20.15 horas desde o Hospital Provincial para reclamar un "hospital único e público ampliando Montecelo".