O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres por unanimidade o proxecto de construción da Ronda Leste de Pontevedra, o primeiro tramo da Ronda Urbana e a vía concebida polo Concello e a Deputación para mellorar os acceso a Montecelo e o Príncipe Felipe. Con este trámite recibe un impulso unha vía que, na opinión do presidente provincial, Rafael Louzán, vai "desbloquear moito o tráfico" e supoñer unha mello sustancial nas comunicacións viarias da capital e a súa área de influencia.
A aprobación inicial do proxecto recibiu os votos a favor dos tres grupos políticos con representación na Deputación. O representante do BNG, César Mosquera, resaltou a importancia desta nova vía porque, entre outros motivos, na actualidade moitos pontevedreses acceden a Montecelo a través de camiños nos que apenas pueden cruzarse dous coches. Tanto Mosquera como Louzán destacan, ademais, que non afecta a ningunha casa.
A licitación da obra, segundo avanzou o presidente da Deputación, terá lugar a principios do vindeiro ano de 2015, unha vez transcorrido o período de exposición pública e alegacións dun mes e suporá un investimento de 1,5 millóns de euros para a institución provincial. Ao tempo, aprobáronse os expedientes de expropiacións, utilidade pública e urxente ocupación.
A obra é froito dun convenio co Concello de Pontevedra, entidade esta última que será a encargada do abono das expropiacións precisas para realizar a obra. Este trámite non incluirá ningunha casa. Afectan a 63 propietarios e será preciso expropiar 33.472 metros cadrados de labradíos, de 15 eucaliptais e de solo non urbanizable común e rural.
O traballo inclúe a construción da Ronda Leste de Pontevedra que irá dende a estrada Ponte Bora-O Pino ata a PO-532, que une Pontevedra-Ponte Caldelas. Segundo informou Louzán, terá dous carrís de 3,5 metros, beiravías dun metro e unha senda peonil de catro metros. Ao longo do quilómetro deste tramo contruiranse tres glorietas para una mellor mobilidade do tráfico.