A ría de Pontevedra será este verán un campo de regatas máis inclusivo que nunca. Baixo o título de "Pedaleando e navegando por unha ría inclusiva", persoas con discapacidade poderán gozar durante as vacacións estivais dun programa que contén actividades deportivas para practicar tanto no mar como en terra firme. Promovido por Cogami e financiado polo plan social de Ence, esta iniciativa pivota sobre dous alicerces. Por unha banda, achegar a vela adaptada a este colectivo, entre os que están os usuarios do centro Amizade de Monteporreiro, e por outro, a realización de andainas en bicicletas adaptadas polo peso do Lérez en Pontevedra.
As actividades náuticas levaránse a cabo entre os días 24 e 28 de xuño a bordo do veleiro Laión con embarques nos portos de Portonovo, Sanxenxo, Combarro e Beluso. As primeiras actividades xa se realizaron. Entre onte e hoxe, 15 integrantes da asociación Amizade tiveron a oportunidade de participar nunha travesía de tres horas pola ría pontevedresa para aprender as nocións básicas da navegación a vela, así como a realización de nós mariñeiros, o manexo do temón e o vocabulario propio dos mariñeiros.
Segundo as previsións dos organizadores, ao longo destes días participarán nestes bautismos de mar e paseos en bicicleta unhas 80 persoas.