A renovación de 150 metros de pasarela de madeira da praia de Areas custará preto de 80.000 euros

Sanxenxo
26 de agosto 2024

O Concello de Sanxenxo xa dispón dunha proposta de adxudicación para renovar o tramo final da senda de acceso á praia de Areas

Pasarela de Areas
Pasarela de Areas / Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo xa dispón dunha proposta de adxudicación para renovar o tramo final da senda de acceso á praia de Areas. 

Dúas empresas presentaron a súa oferta para realizar os traballos, pero a mesa de contratación propón a Multiservicios Doval para executar os 150 metros de pasarela de madeira. Uns traballos cos que quedaría concluída a accesibilidade ao areal, ademais de mellorar a protección do espazo dunar ao elevar o novo paseo uns 50 centímetros.

A actuación valorada en 79.149 euros saíu a licitación xunto á creación dunha nova pasarela na praia de Panadeira e un vídeo dos carreiros litorais.

Os tres proxectos inclúense nas axudas do embelecemento do litoral galego no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

A actuación consistirá no desmonte e retirada de establecido do pavimento de piñeiro e a colocación dunha varanda reciclada de protección formada soportes de plástico reciclado de sección cilíndrica e dúas barras de plástico reciclado e sección circular.

Aproveitando a contorna, o Concello de Sanxenxo quere habilitar neste último tramo unha zona de esparexemento nunha das beiras do río Pintillón próxima á pasarela. Unha zona arborizada de gran beleza que está previsto poñer en valor e que se sumaría a esta actuación.