A reforma laboral para a secretaría comarcal de UGT está a facer moito dano no emprego de Pontevedra. Segundo este sindicato, durante o últimos catro anos Galicia conta con 72.000 ocupados menos e Pontevedra 22.800, Galicia sitúase en 65.000 activos menos mentres que Pontevedra alcanza a cifra de 24.000. Desta forma, segundo os datos que manexa esta central, en Galicia creceu en máis dun 10%. Unha cifra que se eleva na capital da provincia cun 15%.
En UGT entenden que a reforma laboral creceu un novo status de pobreza para os traballadores e sitúa ao límite da exclusión aos desempregados. Ademais, Ramón Vidal, secretario comarcal de UGT, afirma que a temporalidade tampouco se viu reducida situándose por encima do 27,6% en Pontevedra.
Os peores datos do desemprego rexistráronse en plena aplicación da reforma laboral, segundo o sindicato, cunha taxa en Pontevedra do 25,8%.
Os contratos temporais de menos dunha semana foron 22.632, un 37,2% de todos os contratos asinados. De cada 10 contratos, catro foron de menos dunha semana. Un dato preocupante para Vidal.
En Pontevedra, as persoas sen emprego perciben unha media de 789,9 euros ao mes, 35,4 euros menos que en 2011 e as 48.534 que non reciben prestación supoñen o 53,1%, un 20,3 máis que no 2011.
Esta situación tamén afecta á negociación de convenios nas empresas. Mentres a Inspección Tributaria sinala na súa memoria de 2015 que a facturación das empresas de Pontevedra atópase a niveis similares á de 2009 mentres que en decembro de 2015 só se negociaron 64 convenios que afectaron a 61.935 traballadores.